A exposición “Fernández Morales hoxe: creacións e recreacións” permanecerá na Casa-Museo ata o 6 de novembro, logo de ser inaugurada o 6 de outubro por dous dos organizadores, Manuel González Prieto e Dennis Álvarez Guerrero, membros do Grupo As Médulas para a Lingua e Cultura Galegas do Bierzo.

Esta mostra ten o obxectivo de divulgar a obra literaria do escritor Antonio Fernández Morales no bicentenario do seu nacemento (1817-2017). Para iso, o Grupo As Médulas para a Lingua e Cultura Galegas do Bierzo convidou a unha serie de autores actuais a crear un haiku, poema, pintura, fotografía, deseño gráfico, canción… a partir dun verso, dous versos, ou unha estrofa, dunha selección de poemas do autor, recollidos na obra Ensaios poéticos en dialecto berciano.

Os poemas seleccionados foron os seguintes: O fiandón da aldea, A Ponferrada, Villafranca y a vendima, Os magostos, O San Roque en Paradela, O Entroido e Na volta da sega.

Participaron nesta iniciativa: Siro López, Noelia Estévez Rionegro, Xurxo Lobato, Carlos López González, Carmen Penim, Mercedes Queixas Zas, Marco Paone, Jose Luis Almajano Esteras, Rosa Enríquez, Víctor Miguel Villar López, Raúl Gómez Pato, Suso Díaz, Diego Jiménez Merayo, Romina Bal, Igor Lugris e Manuel González Prieto. Un total de 16 traballos.

Share