Segue en itinerancia por Galicia a exposición fotográfica ‘Airiños aires, Rosalía’ de Xurxo Lobato. Agora chega á Coruña, onde se inaugurará no Kiosko Alfonso o 16 de febreiro de decembro ás 20.30 horas, coa presenza do autor; do director territorial de Caixabank, Marc Benhamou, e do presidente da Fundación Rosalía, Anxo Angueira. Permanecerá alí até o 29 de xaneiro.
A exposición e o libro, patrocinados pola Obra Social La Caixa e coa Fundación Rosalía como colaboradora, inclúe imaxes relacionadas coa vida de Rosalía, cos lugares nos que viviu e coa trascendencia que acadou a súa figura.
Mostra especial
Esta exposición será especial, xa que amosa 57 fotos (sete máis do habitual) e tamén se amosan todos os retratos fotográficos de Rosalía de Castro, en colaboración coa Real Academia Galega, acompañado das notas biográficas dos fotógrafos que a retrataron feitas polo foto-historiador Carlos Castelao.
E tamén inclúe edicións singulares de obras de Rosalía procedentes da Biblioteca Municipal da Coruña, así como manuscritos orixinais de poemas da autora procedentes do Arquivo Municipal da Coruña.
Share