Así serán as actividades organizadas pola Fundación Rosalía ao longo do 24 de febreiro, alén das convocatorias globais da Alborada de Rosalía e o Caldo de Gloria:

En Compostela: 
11.00. Praza de Vigo: primeira alborada de Rosalía
11.30. Estatua da Alameda: inicio da marcha cara ó Hostal
12.00. Hostal dos Reis Católicos: ofrenda na pía e acto institucional con:

- actuación dun grupo de escolares de primaria de Ponteceso
– intervencións institucionais con lectura de textos rosalianos
– actuación musical de Canto d´Aquí 
– peche coa Alborada de Rosalía

En Padrón, na Casa de Rosalía: 

17.00. Acto de peche das Converxencias Galicia/Portugal, con actuación do grupo portugués Canto d’Aqui
19.00. Caldo de Gloria aberto ao público

Share