RosaliaMundialCHAMAMENTO Á TRADUCIÓN DE POEMAS DE “CANTARES GALLEGOS” ÁS LINGUAS DO MUNDO

×
O PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS TRADUCIÓNS AMPLÍASE ‘SINE DIE’

CameliaSiluheteada

Co adaxo da celebración dos 150 anos da publicación de Cantares Gallegos a Universidade de Vigo e a Fundación Rosalía de Castro promoveron unha iniciativa para traducir ao máximo de linguas posibles dous dos poemas máis coñecidos desta obra: “Airiños, airiños aires” e “Adiós ríos, adiós fontes”.

Con estas traducións, calquera de nós pode ler, gozar e agasallar aos amigos e amigas de fóra, pero tamén queremos facer un chamamento a tradutores de todo o mundo para que “asúen” estes dous poemas a cadansúas linguas.

Fomos publicando cada novo idioma segundo nos foron chegando, ata o 15 de setembro, e logo do remate do 10 aniversario decidimos continuar co proxecto, pois seguen a chegar traducións desde moitas partes do planeta. Puidemos (e aínda podedes) descargar en carteis e pendurar por rúas, centros educativos e lugares de traballo todas estas traducións. En Vigo engalanamos todas as rúas do Casco Vello, onde se imprimiron os Cantares por vez primeira, o 17 de maio de 1863, e así viandantes e turistas puideron levar cadansúa tradución.

×

SE QUERES COLABORAR NA INICIATIVA E TRADUCIR ALGÚN POEMA, POR FAVOR, FAI CLIC AQUÍ

“Adiós ríos, adiós fontes”, traducido a:

“Airiños, airiños, aires”, traducido a:


Traducións coordinadas durante 2013 por Malores Villanueva (Universitat de Barcelona) e Xosé Henrique Costas (Universidade de Vigo). Desde 2014 é a propia Fundación Rosalía quen as está a xestionar.
Agradecemos a colaboración desinteresada dos tradutores e tradutoras que están a facer posible esta iniciativa.


PROMOVEN ESTA INICIATIVA:
FRosalia
UVigo

Share