Fotografía de Anxo Angueira

O actual Presidente da Fundación é o escritor Anxo Angueira Viturro

A Fundación réxese por unha Presidencia elixida polo Padroado entre os seus membros. Esta integrará unha Comisión Executiva, composta pola propia Presidencia, Vicepresidencia, Secretaría, Tesouraría, Dirección do Centro de Estudos Rosalianos e catro vocalías. No seu equipo de persoal conta con dúas traballadoras.

O Padroado é o órgano de goberno, representación e administración da Fundación. Está composto por quince membros institucionais e por persoeiros/as da cultura que teñan especial vinculación coa obra de Rosalía de Castro.

O Padroado designará de entre os seus membros un Presidente, un ou varios Vicepresidentes, un Secretario e un Tesoureiro. Designará tamén unha Comisión Executiva.

As funcións da Comisión Executiva son as de xestión ordinaria dos asuntos da Fundación, de adopción de Acordos por razón de urxencia dando ulterior conta ao Padroado e as que este delegue.

Share