Os Estatutos da Fundación Rosalía de Castro, declarada de interese galego, definen como fins desta institución os seguintes:

“1. Fomentar o coñecemento e a conservación da memoria de Rosalía de Castro, do seu esposo Manuel Martínez Murguía e dos seus fillos; promover o estudo, edición e divulgación da súa vida e obra, da Galicia do seu tempo e da súa influencia posterior a través do Centro de Estudos Rosalianos, que ten a mesma sede que a Fundación.

2. Conservar a Casa onde viviu e morreu Rosalía de Castro, a súa horta e xardín e os demais edificios que compoñen o conxunto da Casa-Museo de Rosalía, situada na Matanza, concello de Padrón e provincia da Coruña.

3. Conservar e ampliar o conxunto dos mobles, pertenzas e recordos persoais de Rosalía; conservar e ampliar a biblioteca, mobiliario, ofrendas e demais obxectos relacionados con Rosalía; así como dispoñelos da mellor maneira para que poidan ser contemplados e estudados por todas aquelas persoas que o desexen.

4. Coidar do Mausoleo de Rosalía situado na Igrexa de San Domingos de Bonaval en Santiago de Compostela, así como da campa que acubillou antes o seo Corpo no cemiterio de Adina, en Iria Flavia (Padrón, A Coruña).

5. Celebrar actos públicos, cando menos, nas datas conmemorativas de Rosalía: 24 de febreiro, 17 de maio e 15 de xullo.

6. Fomentar e difundir a lingua e a cultura galegas”.


Estatutos completos

descargar-pdfEstatutos de 2009.
Clicando na icona da esquerda poderás baixar un arquivo PDF [113Kb] co último documento oficial dos Estatutos, aprobados o 19 de novembro de 2008 e que entraron en vigor o día 10 de novembro de 2009.

Estes Estatutos serán modificados en breve. Incorporaremos os novos en canto se aproben.

Share