Centro de Estudos Rosalianos
Entrada ao Centro de Estudos Rosalianos

A creación do CER foi acordada no Plenario de19 de decembro de 1997, estipulando a súa inauguración para o 15 de xullo de 1999. Fíxose ao abeiro do artigo 6 dos estatutos, que establece, entre os fins da Fundación, “fomentar, soster e difundir o culto á  memoria de Rosalía de Castro, do seu esposo Manuel Martínez Murguía e dos seus fillos; promover o estudio, edición e divulgación da súa obra e vida, da Galicia do seu tempo e da súa influencia posterior, creando un Centro de Estudios na mesma sede da Fundación”.As tarefas enconmendadas ao CER son:

a) Rosalía de Castro

  1. Estudios da súa vida
  2. Estudios da súa obra.
  3. Edición e divulgación dos seus textos.
  4. O nome e a obra de Rosalía post mortem.

b)  Vida e obra de Murguía e dos fillos (especialmente Ovidio e Alexandra).

c)  Estudos dos escritores e das obras (galegos especialmente) que, dun xeito ou outro, iluminen algún aspecto de Rosalía.

O proxecto abrangue:
– Bibliotecas:

  • Rosaliana que inclúa traducións, estudios publicados e inéditos, catálogos, programas de actos ,etc.
  • Selectiva do XIX literario galego

– Publicacións

  • Anuario de Estudios Rosalianos (AER).
  • Rosalía de Castro: Bibliografía activa
  • Rosalía de Castro: Bibliografía pasiva.
  • Edición  escolar de ‘Cantares gallegos’, ‘Follas novas’ e outros títulos de Rosalía.

– Simposio rosaliano para estimular entre os especialistas e os licenciados mozos o estudio de parcelas (da vida e da obra) pouco atendidas polos eruditos.

– Promover traduccións de libros ou escolmas nos países ou ámbitos idiomáticos onde Rosalía non estea debidamente coñecida ou valorada.