Oferta especial para visitas de escolares á
Casa de Rosalía

O presidente da Fundación, Anxo Angueira nunha visita escolar

O presidente da Fundación, Anxo Angueira, nunha visita escolar

A Casa-Museo de Rosalía vén de modernizar e actualizar neste 2015 as súas instalacións, con novos recursos didácticos, novas pezas e material audiovisual que nos permite comprender mellor a vida e obra de Rosalía de Castro e a súa familia.

Exemplar de Cantares Gallego e tableta para a visita

Un especial exemplar de ‘Cantares’, descuberto en 2013, forma parte da nova exposición

Grazas a esta renovada museoloxía, o alumnado poderá entender de forma máis efectiva a importancia de Rosalía como figura central da cultura galega e como eixo dunha familia que funcionou como unha auténtica factoría cultural ao servizo do Rexurdimento galego.

Co obxectivo de difundir a figura de Rosalía entre a comunidade escolar galega, a Casa-Museo ten unha oferta especial para os colexios galegos:

 

 

×

  OFERTA ESPECIAL:

  • Entrada a 1 euro para o alumnado (profesorado acompañante de balde)
  • Proxección do vídeo didáctico “O tesouro do moucho” para os primeiros cursos de primaria
  • Visita guiada para o resto dos cursos, que inclúe a Casa-Museo e un paseo pola horta para coñecer as árbores senlleiras que a poboan, coma o carballo fillo do de Gernika, o ombú traído da Arxentina, a camelia Rosalía de Castro, etc.
  • Posibilidade de usar o auditorio da Casa Museo


Para a concertación das visitas:

Por teléfono: 981.811.204
Por mail: fundacion@rosaliadecastro.org

Share