Convenio coa Deputación de Lugo

Convenio coa Deputación de Lugo

A Deputación de Lugo asina un convenio de colaboración coa Fundación Rosalía para mellorar a musealización da Casa-Museo no deseño de pezas promocionais desta institución, unha actuación que ten un custo de 3.000 euros.

Un cadro de Serafín Avendaño, agasallo de Amigos dos Museos

Un cadro de Serafín Avendaño, agasallo de Amigos dos Museos

A asociación Amigos dos Museos agasallou á Fundación Rosalía cun cadro de Serafín Avendaño, membro dos Precursores e amigo da familia Murguía Castro, como galano do Premio Pedra do Destino 2014 que outorga anualmente.

Máximo Sar dóalle á Fundación o seu arquivo

Máximo Sar dóalle á Fundación o seu arquivo

O padronés Maximino Rodríguez Buján (coñecido como Máximo Sar) vén de doarlle á Fundación Rosalía de Castro, da que el foi padroeiro, o seu arquivo documental sobre a mesma. Entre os papeis destaca a correspondencia e os documentos das distintas xestións levadas a cabo como coordinador por este veterano activista cultural do galeguismo.